Friday 17 de May de 2024

Adxudicación provisional da pavimentación de tres rúas da localidade de Palmeira


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na pavimentación de tres rúas na parroquia de Palmeira: iniciativa que está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial.

O desenvolvemento das obras comporta un investimento de 45.500 euros, IVE incluído. A empresa Canarga foi a entidade con mellor clasificación.

As obras que serán obxecto dun novo pavimento son a estrada coñecida como do Carballal (situada detrás da subestación de Fenosa) e dous tramos das rúas Pedra da Aiga e a rúa da Bouciña.

A actuación ten un prazo de execución dun mes e medio.